Campamentos en inglés
- Verán
- Nadal
- Semana Santa
Durante o verán tódalas nosas actividades (idiomas, apoio, extraescolares …), continúan dispoñibles pero en horario de mañás.
A maiores existen outras actividades dispoñibles específicas do verán.
- COCIÑA CREATIVA
En cociña traballamos con ingredientes frescos para que, mediante o uso de forno e microondas as cativas e cativos poidan ir iniciándose na dificultosa tarefa da alimentación saudable. Coñecerán e desfrutarán diferentes ingredientes e aprendendo a desfrutar do proceso de preparar os seus propios alimentos.
IDADES RECOMENDADAS: para nenas e nenos maiores de 3 anos, (as nenas e nenos que pasen para educación infantil pero aínda non teñan os 3 anos tamén poden acceder a actividade)
CANDO: tódolos xoves do verán de 10:30 a 13.30
PREZO: 12 €/día
- XOGOS TRADICIONAIS
En xogos tradicionais dividiremos a actividade en dúas fases.
Fase de creación: Durante a primeira metade da actividade crearemos dende cero xogos, a miúdo empregaremos cartón, cortiza e outros materiais similares para a construción de estruturas sinxelas.
Fase de xogo: Probamos os xogos previamente creados.
IDADES RECOMENDADAS: para nenas e nenos maiores de 3 anos, (as nenas e nenos que pasen para educación infantil pero aínda non teñan os 3 anos tamén poden acceder a actividade)
CANDO: tódolos martes do verán de 10:30 a 13.30
PREZO: 12 €/día
- CURSILLOS
Durante o verán desenvolveremos cursillos de 3 días de duración para diferentes idades tentando acadar de forma intensiva coñecementos básicos en diferentes competencias.
Están confirmados para este verán 3 cursillos:
INICIACIÓN A INFORMÁTICA, MUNDO REAL e USO DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL
IDADES RECOMENDADAS: cada cursillo terá unhas idades recomendadas
CANDO: luns, martes e xoves de 10:30 a 13:30, cada semana un cursillo diferente
PREZO: 30 €/día.
- CAMPAMENTOS DE VERÁN
Desfruta dos nosos campamentos en inglés en Allariz dende os 2 anos!
Dende Academia Exacto queremos ofrecervos as familias unha ferramenta lúdica que mellore notablemente a comprensión da lingua inglesa, ó tempo que vos permita conciliar horarios e que as vosas cativas e cativos estean entretidos aprendendo.
- CANDO? Durante todo o verán de luns a venres.
- PARA QUE IDADES? A idade máxima recomendade é 12 anos (6 de primaria), aínda que en función das necesidades das familias pódense buscar adaptación para nenas ou nenos maiores. A idade mínima vén marcada polo control de esfínteres (2/3 anos). Tódalas nenas e nenos que xa poidan ir sen cueiro poden asistir as nosas actividades.
- QUE HORARIO TEN? As nosas actividades centrais do día prográmanse entre as 9 e as 14 (a entrada ó campamento e a saída pode ser a calquera hora dentro dese tramo, adaptándonos así os horarios das familias). Dispomos ademais da posibilidade de ampliar horarios, a modo aula de espera, de 8 a 9 e de 14 a 15, cun suplemento económico.
- QUE PREZO TEN? Días soltos: 15€. Semanas completas: dende 49,95 €
- QUE VAN FACER NESAS HORAS? Tentamos pasar a maior parte do tempo no exterior, sempre que a climatoloxía o permita, realizando actividades o aire libre. Dentro das numerosas actividades que levamos a cabo destacan, experimentos sinxelos, cociña (esta realizase no interior das nosas instalacións), teatro, manualidades, saídas as zonas verdes da vila, actividades con auga (nunca entramos dentro da auga), e moito máis.
- EN QUE LINGUA É? Tentamos que sexa a maior parte do tempo en inglés, que o traballar con nenas e nenos tan pequenos faise case imposible, polo que en certas ocasións temos que explicar actividades nas linguas maternas (galego ou castelán)
- CANTAS NENAS E NENOS ESTARÍAN? Na busca do equilibrio entre unha conciliación económica e un trato axeitado para as pequenas e pequenos da familia, consideramos que unha ratio entre 12 e 14 alumnos garante ambos obxectivos. O número mínimo é de 4 persoas